Agasalla co coñecemento

Doazóns | Appeal from Board Chair | Press Release | FAQ | Donor Privacy Policy | Tax-deductibility of donations | Gift Policy | Planned Spending | Gift Certificate

Florence Devouard, Presidenta da Fundación Wikimedia

Wikipedia comeza o 2007 como un dos dez sitios webs máis visitados do mundo. Unha cifra que testemuña o noso éxito.

Así e todo, o éxito trae consigo unha serie de trocos e novas responsabilidades. No noso deseño do futuro de Wikipedia e de todos os proxectos Wikimedia, dúas das metas máis salientables son a fiabilidade do noso contido e a viabilidade a longo prazo de cada un dos proxectos nos que estamos implicados.

Para acadar esas metas queda moito traballo por facer, por iso estou solicitando a súa axuda. No próximo ano a Fundación Wikimedia preve un espectacular incremento dos gastos relacionados co mantemento dos servidores e a capacidade de atender á demanda de tráfico, ampliar o personal dedicado a tarefas organizativas, mellorar o software e desenvolver métodos para mellor asegurar un contido de alta calidade, todo mentres progresamos cara a nosa meta de transmitir o coñecemento libre a todos.

Os nosos visitantes e editores foron xenerosos no pasado e as súas doazóns contribuiron a manter o sistema durante os nosos tres primeiros anos de vida. A recente auditoría demostra o uso responsable das numerosas doazóns que temos recibido. Posto que necesitamos máis fondos para manter os proxectos funcionando e medrando, por favor considera facer unha doazón á Fundación Wikimedia. Estarás facendo un investimento en Wikipedia e todos os nosos proxectos asociados, axudando a asegurar que estes recursos permanezan accesibles e sigan sendo valiosos a medida que o noso universo de usuarios medra.

Florence Devouard
Presidenta do Consello de Admnistración da Fundación Wikimedia - Decembro 2006
</div>

Last modified on 12 November 2007, at 08:57