This is a summary of the Terms of Use. To read the full terms, scroll down or click here.
Termos de uso
Este é un resumo dos termos de uso.
Renuncia: Este resumo non é parte dos termos de uso e non se pode considerar un documento legal. Simplemente é unha referencia para entender os termos ao completo. Pense nisto como unha interface sinxela da lingua legal dos nosos termos de uso.
Parte da nosa misión é:
Animar e atraer xente de todo o mundo para recompilar e desenvolver contidos educativos e publicalos baixo unha licenza libre ou no dominio público.
Diseminar estes contidos de xeito efectivo e global, sen custos.
Vostede é libre de:
Ler e imprimir os nosos artigos e outros recursos de xeito gratuíto.
Compartir e reutilizar os nosos artigos e outros recursos baixo licenzas libres e abertas.
Contribuír e editar os nosos proxectos.
Baixo as seguintes condicións:
Responsabilidade — Vostede é responsable das súas edicións (dado que nós soamente aloxamos os seus contidos).
Civismo — Vostede apoiará un ambiente cívico e non amolará os outros usuarios.
Comportamento legal — Vostede non pode infrinxir os dereitos de autor nin outras leis.
Sen danos — Vostede non pode danar a nosa infraestrutura tecnolóxica.
Termos de uso e políticas — Vostede acepta os seguintes termos de uso e as políticas comunitarias que se apliquen cando visite os nosos sitios ou participe nas nosas comunidades.
Entendendo que:
Libera as súas contribucións baixo unha licenza libre — Por regra xeral, debe publicar as súas edicións e contribucións nos nosos proxectos baixo licenzas libres e abertas (agás que estean no dominio público).
Sen consello profesional — Os contidos dos artigos e dos outros proxectos teñen un propósito informativo e non constitúen o consello dun profesional.