<div style="padding: 0.3em;"><center>Este é un resumo dos termos de uso.</center></div>
<div style="font-size:80%; text-align: left; font-style: italic; padding: 0.3em; margin-left: 75px; margin-right: 75px">Renuncia: Este resumo non é parte dos termos de uso e non se pode considerar un documento legal. Simplemente é unha referencia para entender os termos ao completo. Pense nisto como unha interface sinxela da lingua legal dos nosos termos de uso.</div><br />
<div style="font-size:100%; text-align: left; padding: 0.3em;">'''Parte da nosa misión é:'''
* '''Animar e atraer''' xente de todo o mundo para recompilar e desenvolver contidos educativos e publicalos baixo unha licenza libre ou no dominio público.
* '''Diseminar''' estes contidos de xeito efectivo e global, sen custos.
Renuncia: Este resumo non é parte dos termos de uso e non se pode considerar un documento legal. Simplemente é unha referencia para entender os termos ao completo. Pense nisto como unha interface sinxela da lingua legal dos nosos termos de uso.
Parte da nosa misión é:
Animar e atraer xente de todo o mundo para recompilar e desenvolver contidos educativos e publicalos baixo unha licenza libre ou no dominio público.
Diseminar estes contidos de xeito efectivo e global, sen custos.
Vostede é libre de:
Ler e imprimir os nosos artigos e outros recursos de xeito gratuíto.
Compartir e reutilizar os nosos artigos e outros recursos baixo licenzas libres e abertas.
Contribuír e editar os nosos proxectos.
Baixo as seguintes condicións:
Responsabilidade — Vostede é responsable das súas edicións (dado que nós soamente aloxamos os seus contidos).
Civismo — Vostede apoiará un ambiente cívico e non amolará os outros usuarios.
Comportamento legal — Vostede non pode infrinxir os dereitos de autor nin outras leis.
Sen danos — Vostede non pode danar a nosa infraestrutura tecnolóxica.
Termos de uso e políticas — Vostede acepta os seguintes termos de uso e as políticas comunitarias que se apliquen cando visite os nosos sitios ou participe nas nosas comunidades.
Entendendo que:
Libera as súas contribucións baixo unha licenza libre — Por regra xeral, debe publicar as súas edicións e contribucións nos nosos proxectos baixo licenzas libre e abertas (agás que estean no dominio público).
Sen consello profesional — Os contidos dos artigos e dos outros proxectos teñen un propósito informativo e non constitúen o consello dun profesional.